Son moitas as actividades culturais, deportivas e recreativas que leva a cabo a Casa de Galicia en León, destacando:
- Cursos de lingua e literatura galegas.
- Cursos de gaita e percusión.
- Cursos de tenis, natación, ximnasia, aerobic e ioga.
- Debuxo.
- Redacción.
- Axedrez
Ao longo do ano realizan varias excursións culturais, e unha delas é sempre a Galicia, con distinto recorrido cada ano. Outra actividade salientable é a práctica do senderismo que ten moita aceptación.
As festas son un apartado moi importante nesta sociedade. As máis celebradas son a festividade de Reis, o Entroido, o San Xoán, Día das Casas de Galicia en Catilla y León, San Froilán, a Gala do Deporte e o Fin de Ano. Pero é de destacar que a de maior renome das que celebran, e que cada ano organiza o centro, é a festa de Santiago Apóstolo.
Contan con varios equipos de fútbol e de baloncesto, así como de tenis de mesa. Ademais teñen contratado un coto de caza.